Total visitas a la página

lunes, 20 de agosto de 2012

Achadas pinturas rupestres na escavación de Cova Eirós en Triacastela


Cautela ante o achado porque aínda están á espera das probas como as da datación radiocarbónica, pero as hipóteses apuntan cara pinturas e gravados rupestres nas paredes da Grande Sala da escavación de Cova Eirós en Triacastela. Trátase, segundo unha nota remitida pola cosellaría de Educaión e Cultura, “dun dos descubrimentos patrimoniais máis importantes acontecidos en Galicia”. Hoxe presentáronse os resultados da última das campañas, a quinta, dun proxecto que pretende comparar as materias primas e as estratexias de subsistencia do homo sapiens e do homo neanderthalensis.
Esta é a quinta campaña que se realiza neste espazo no que están implicados equipos de técnicos investigadores conformado das Universidades de Santiago de Compostela e da Rovira e Virgill – IPHES, coa autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Ata o de agora, xa se localizaron varios niveis de ocupación do Paleolitico Medio e Superior de entre 85.000 e 35.000 anos, ademais de comprobarse que a cova foi ocupada na Idade de Bronce e Media.
Tomado de:  http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=21340&utm_source=culturagalega&utm_medium=twitter&utm_campaign=cultura

No hay comentarios:

Publicar un comentario